A piaguda, miñoca de mar, é nome común da Mariña luguesa para a Nereis diversicolor, coñecida como eficaz cebo para a robaliza e para o munxe.
O apelativo "piaguda", tan sonoro, semellaría a primeira vista relacionado con "piago", topónimo frecuente para ríos e zonas costeiras.
Un "piago" (tamén "peago", "pego"), do latín pelagus 'pozo', é unha poza profunda de auga, xeralmente nun río. Foi definido por Piel como "sítio fundo do mar ou de um rio" (PIEL, 1945) - Nos tempos dos teares e do liño, tamén eran chamados peagos os lugares onde mergullaban o liño).
Volvendo coa piaguda, o sufixo -uda (latín -uta) é coñecido que actúa xerando adxectivos aumentativos, tais como "narigudo" 'con moito nariz', "bicudo 'con moito bico', peludo 'de moito pelo', e así "barbudo, forzudo, teimudo e centos doutros.
![]() |
Piaguda, "Nereis diversicolor". |
Cremos plausíbel supoñer unha forma adxectival latina *pediculuta 'con moitos peíños'.
Xa que logo, "piaguda" viría de "(miñoca) piaguda", "miñoca con moitos pés". En efecto, unha das diferenzas coa miñoca de terra é que a piaguda tén unha forma de "cempés".
A evolución tería sido pediculuta > peeguuda > peaguda > piaguda, coa perda do -d- e -l- intervocálicos e sonorización do -t-, seguida pola disimilación -ee- > -ea- e finalmente un peche da vogal átona inicial (igual que con peago > piago).
Finalmente, notar a existencia dun parente etimolóxico: piollo, do latín pedicŭlus,
--
PIEL, J., 1945. "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII, 1945.
Finalmente, notar a existencia dun parente etimolóxico: piollo, do latín pedicŭlus,
--
PIEL, J., 1945. "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII, 1945.