A etimoloxía do topónimo Sor, como a da
maioría dos demáis "ríos maiores", remóntanos á prehistoria.
A "Sor" élle asignada unha orixe prelatina, derivada da raíz indoeuropea *ser-, cun significado de
"fluxo, corrente" (cf. p. 40 de E. Bascuas. "Estudios de
hidronimia paleoeuropea gallega").
Por outro lado, Miguel Costa en frornarea apunta unha orixe no proto-indoeuropeo *seu- ('virar' IEW:
2741) - relacionado co lituano siaũras (*seu-ro-) 'estreito'.
A mención máis antiga é do ano 747, co nome Saure. Velaí todas as
mencións recollidas para o río Sor:

Tería por tanto evoluído: Saure > Saur > Sour > Sor, seguindo a evolución normal, incluíndo o paso /ou/>/o/ : cando o diptongo [ow] é trabado por una consonante homosilábica, esta tende a provocar a monoptongación (cf. P. Martínez Lema aquí). Aconteceu o Mesmo co río Lor, afl. do Sil, atestado no 853 como Laure. Igualmente o topónimo Vilamor, que aparece como Villa Maur no ano 969 nun diploma do Tombo de Lourenzá, e o mesmo para os casos de Vilapol, Castropol.
É importante esta monoptongación, pois filólogos como Gonzalo Hermo, ou xa previamente Moralejo Laso (Verba 7, 1977), aducen a súa inexistencia no galego para considerar como falsas latinizacións esas formas antigas co ditongo -au-.
.. "O mesmo sucede cos topónimos prerromanos, onde o escriba pode tender a darlles unha
aparencia latina que non se corresponde coa súa realidade etimolóxica. Por exemplo, o nome do río Sor, probablemente proveniente dunha raíz indoeuropea *sor- ‘fluír, discorrer’, figura en manuscritos dos séculos VIII-XII como Saur, Saure, Saurium, que non deberon existir nunca, mais que lle conceden
ao hidrónimo feitura latina".
(cf. G. Hermo, 2017. "Achegas metodolóxicas para a investigación lingüística en toponimia medieval" in Verba 75).
Como anécdota, indicar que se rexistra, e.g. en 1688, a transcrición "Sol", "Riveras
del Sol", o cal pode apontar a unha vacilacion Sor/Sol na pronuncia, fenómeno común (cf. aquí).
Existe outro rio "Sor", afluente do rio Sorraia, en
Portugal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario