Existen dous "MOGOR" moi
coñecidos: un no concello de Mañón e outro no de Marín, Pontevedra, onde os
"labirintos". Porén, non son os únicos existentes, e se facemos a
análise de todos eles podemos extraer
algunhas conclusións de interés.
Hipótese latina
Do "Mogor" de Mañón
consérvanse varios documentos medievais :
- Nun
documento de 912 é citado, en latín, como" .. ecclesiam sancte Marie
de Monacorum et villas que in giro sunt .."
- Nun
documento de 1156 é citado "et cautum de Moogorum et de Uaris "
- Ese
documento é reproducido en varias ocasións posteriores, como en 1194
"cautum de Moagorum & de Baris" (cf. E. Florez "España Sagrada").
En vista dos supraditos documentos, semella que nos atopamos front da evolución usual, vía a perda do -n- intervocálico, dun étimo Monachorum,
xenitivo plural de monachum
"monxe". Ou sexa, "cautum Moagorum" sería o
"couto dos monxes", sendo un dos poucos exemplos
desta conservación da terminación do caso xenitivo plural -orum.
Corominas incluso apunta o caso de Manacor (Baleares) como outro topónimo desta
orixe.
Ademais, en Mogor de Mañón hai un
pequeno convento actualmente (incluso hai unha "fonte da frádiga",
ver aquí).
Logo ... todo claro? Coidamos que non, por varias razóns:
1) Semella moi raro que apenas se
preserve para estes topónimos a orixe nun xenitivo plural latino -orum . Cal sería a razón para non
existiren máis topónimos relacionados, tendo en conta a abundancia de conventos existentes, así
como de leiras, fragas e montes pertencentes a tales conventos ?. Cal sería a razón para conservar o xenitivo plural latino apenas neste caso e non noutros tipos de
posuidores?.
2) Todos os Mogor
están situados na costa, non somente os dous anteriores senón os outros
tres, non é isto moita casualidade?
3) Moitos dos "Mogor"
están localizados en sitios improbables para un convento ou irrelevantes para
seren referidos como propiedade dun convento:
- Á
procura de máis Mogor, atopamos "O Mogor de Fóra" e
"O Mogor de Terra" en Pantín, Valdoviño. Son dous accidentes costeiros, dous cantís. É moi improbable
que houbese un convento alí, nun sitio a rentes do mar, nuns
"escollos". Tampouco parece relevante que fosen posesións dos monxes, polo seu baixo valor. Por certo, a presenza do artigo nestes dous topónimos dános a indicar un antigo uso de "mogor" como apelativo, desbotando a posibilidade de seren xenitivo plural.
- Existe
a "Punta de Mogor" en Pontevedra.
- Existe
outro Mogor en Sebardes (cf. aquí)
Visto o anterior, semea improbable a orixe en "monachorum", e parece que os rexistros do topónimo tanto Monacorum como Moagorum poden
ter sido simplemente unha errónea latinización do nome real, talvez dun *monagor, *maugor ou algo polo estilo. O escriba, rexistrou "monachorum" en base a unha falsa
interpretación do termo ("interpretatio latina").
Hipóteses prelatinas
Unha
hipótese alternativa sería a de topónimo prerromano, relativo a lugar alto ou cantil rochoso.
Topónimos aparentemente relacionados, tanto no significante como no significado, serían os topónimos "Os Mogotes da Gabeira", en Cedeira e en "Os Mogotes dos Aguillós", en Cariño (obviamente), que corresponden a pequenos cantís costeiros, en illotes.

Cabeza
Quiles propón unha base *mok- ou *muk-, "prominencia,
altura" e sobre ela explica os dous Mogor galegos máis coñecidos. A vila
de Mugardos tamén, talvez, podería ter unha raíz similar (non
contrastado).
Porén, parece improbable que o escriba escribise Monacorum sendo a pronuncia "Mogor", e levase a "interpretatio latina" tan lonxe incluíndo un -n- inexistente. Ademais, a forma rexistrada supradita "moagorum" parece confirmar unha queda de consoante intermedia, posiblemente un -n-.
Como topónimos talvez relacionados podemos citar tamén "Magoira" en Cedeira, e hai un "Penamacor" (tamén transcrito na Idade Media como "Penamocor").

Como comentamos xa, semella improbable unha orixe en *mok- sendo que se rexistra monacorum, é improbábel que o escriba "latinizador" incluíse unha sílaba -na- inexistente, o cal parece confirmarse coa forma supradita "moagorum". Por tanto, cremos que é preciso procurar outra raíz prelatina distinta.
Tendo en conta o anterior, e observada a situación dos topónimos "Mogor" e "Mogotes", talvez fose plantexable unha orixe na forma indoeuropea *men- ‘elevarse’, presente en linguas celtas (e.g. córn. meneth, bret. menez ‘monte’, dunha protoforma *mony-yo).
------
Dado que non vemos relación coa raíz mok-, non mencionamos o peixe "mógaro", tamén chamado "zátaro" (ambos co sufixo celto-latino -aro). Tampouco comentamos o termo sardo mògoro "mota, altura, colina baixa", que relacionan (Pallottino) co albanés magul e co derivado romeno magura 'colina isolada; bosque en sitio alto', que hai quen relaciona co vasco mokorr 'mota' (cf. aquí).