Algún deles é extraordinariamente antigo, así xa no ano hai atestado un "Villam de Francos" no século VI (cf. "Documentos do Tombo Vello de Lugo", in Estudios Mindonienses", núm 27, 2011), ou sexa, na época sueva, moito antes por tanto nese caso das repoboacións da Reconquista).
O topónimo é interpretado, segundo o caso e o autor, en base a tres hipóteses principais:
1) Inmigrantes francos: na Idade Media, o termo "franco" indicaba "forasteiro", non específicamente da Galia, senón en xeral "alén dos Pirineos". Chegaban convocados en moitas ocasións polos monarcas ante a escasez de habitantes do norte peninsular para repoboar as terras tomadas aos musulmáns durante a "Reconquista".
O exemplo supradito do século VI non encaixa, obviamente, neste caso.
2) territorios (ou vilas de) francos: vilas ou territorios con franquicias, privilexos e exencións fiscais que recibiron os seus poboadores. Orixinariamente viría de privilexios dados a poboadores "francos" (de alén dos Pirineos) para fomentar o seu establecimento nas zonas conquistadas aos musulmáns, como ocorre no caso da "Villafranca" navarra, para o cal se conservan documentos (foros) indicando tais privilexios.
O exemplo supradito do século VI tampouco encaixa, obviamente, neste caso.
3) terreos ou montes francos, "mancomunais", de "propiedade colectiva". Por veces á beira dalgúns ríos, e que están a campo para a libre circulación e para o pastoreo do gado. Un exemplo, fóra de Galiza, dáse no País Basco, onde existen os "Montes de francos".
O exemplo supradito do século VI tampouco encaixa, obviamente, neste caso.
As tres hipóteses están documentadas, quer directamente en Galiza ou noutras zonas do Norte peninsular.
É importante remarcar a existencia de dous "Vilar de Francos", que polo menos, para eses dous casos, parecen rexeitar o terceiro significado, de "mancomunais". Estes dous topónimos están localizados un na parroquia de Artes, Carballo (A Coruña), e outro na parroquia de "Francos", en Baralla (Lugo).
No entanto, Marsá, para o caso de Cataluña, suliña as tres acepcións do termo "franco": "de orixe alén dos Pirineos", "extranxeiro en xeral", e "libre, exento", este último significado a partires do século X xa rexistrado en Cataluña (cf. Francisco Marsá, «Toponimia de Reconquista», Enciclopedia Lingüística Hispánica, Madrid, 1960, p. 125-126.)
Reforzando a primeira hipótese, indicar que existen tamén "Franza" (e.g. en Xove) e "Francia" (e.g. en Ortigueira), así como varias "Pena de Francia", alén do topónimo Francelos (Ourense, xa rexistrado como Francellos en 993).
O apelido "Francos", de feito, abonda en Galiza e en Asturias, especialmente na provincia da Coruña. Cf. aquí.
Insistimos, porén, que o exemplo supradito do século VI (pre-reconquista) non encaixa, obviamente, neste caso.
É importante remarcar a existencia de dous "Vilar de Francos", que polo menos, para eses dous casos, parecen rexeitar o terceiro significado, de "mancomunais". Estes dous topónimos están localizados un na parroquia de Artes, Carballo (A Coruña), e outro na parroquia de "Francos", en Baralla (Lugo).
"Francos" no senso de "poboadores provintes de alén dos Pirineos".
Francisco Marsá indica que no xigantesco trasego de pobos que interviron nas diferentes fases da Reconquista, os emigrantes de alén dos Pirineos eran coñecidos xenericamente como «francos», e convocados en moitas ocasións polos monarcas ante a falta de cristiáns do norte peninsular para repoboar as terras tomadas aos musulmáns. A presenza deste colectivo, representado polo topónimo "franco", é notábel nas provincias de Burgos, Cáceres, Coimbra, A Coruña, Lugo, Oviedo e Porto (cf. Francisco Marsá, «Toponimia de Reconquista», Enciclopedia Lingüística Hispánica, Madrid, 1960, p. 635.) especialmente no período comprendido entre 1055 e 1212 segundo García de Cortázar (J. A. García de Cortázar, Barcelona, 2004, «Resistencia frente al Islam, reconquista y repoblación en los reinos hispanocristianos», Historia de la Lengua Española, coordinación de Rafael Cano, p. 251.)No entanto, Marsá, para o caso de Cataluña, suliña as tres acepcións do termo "franco": "de orixe alén dos Pirineos", "extranxeiro en xeral", e "libre, exento", este último significado a partires do século X xa rexistrado en Cataluña (cf. Francisco Marsá, «Toponimia de Reconquista», Enciclopedia Lingüística Hispánica, Madrid, 1960, p. 125-126.)
Reforzando a primeira hipótese, indicar que existen tamén "Franza" (e.g. en Xove) e "Francia" (e.g. en Ortigueira), así como varias "Pena de Francia", alén do topónimo Francelos (Ourense, xa rexistrado como Francellos en 993).
O apelido "Francos", de feito, abonda en Galiza e en Asturias, especialmente na provincia da Coruña. Cf. aquí.
Insistimos, porén, que o exemplo supradito do século VI (pre-reconquista) non encaixa, obviamente, neste caso.
"Francos" como "libres, exentos"
O orixinal "Foro de Jaca" era un "foro de francos", sendo o seu propósito atraer poboación de alén dos Pirineos para unha localidade , mediante a garantía da súa liberdade e da súa consideración en plano de igualdade cos cabaleiros, así como mediante a protección da propiedade privada e a facilidade da súa adquisición. Este termo, "franco", confúndese xa na súa mesma orixe etimolóxica cun senso xurídico de "libre" ou "exento", xa que este é o significado último da palabra xermánica frank da que deriva. Ademais, no caso dos reinos de Aragón e Navarra, os dereitos e liberdades das vilas francas fóronse estendendo tamén aos poboadores autóctonos que acodiron a poboalas e que pasaban a ser tratados como francos.
Insistimos, novamente, que o exemplo supradito do século VI (pre-reconquista) non encaixa, obviamente, neste caso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario