Estes topónimos teñen unha alta frecuencia na toponimia galega, e cremos teñen unha orixe múltiple, posiblemente tres orixes distintas segundo o caso.
Os
topónimos "Malado", "Malados", poderían
significar colono, home libre que traballaba en terra allea. Os correspondentes en
feminino ("Malada") e plural ("Maladas")
virían de "terra malada", "terra alugada a colonos".
Na
Idade Media, os colonos eran tamén chamados "malados" (cf. aquí) : En
el año de 1056 hubo un juicio en Galicia, por el cual puede deducirse el grande
interés que se tomaban los patronos por las personas que tenían bajo su
encomienda y protección. Un malado (mallatas) del conde D. Sancho, llamado
Tedón, fué un domingo á Villamortaria, cerca del río Arnoya. Habiéndose
embriagado, riñó con un siervo ó adscripto del monasterio de Celanova ...
A. Boullón indica o alcume "Malada" atestado en 1165, e indica tamén o significado análogo de 'individuo que está en situación de dependencia con respecto a outro', tal como indica D. Kremer (cf. p.293 de A. Boullón Agrelo, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
A. Boullón indica o alcume "Malada" atestado en 1165, e indica tamén o significado análogo de 'individuo que está en situación de dependencia con respecto a outro', tal como indica D. Kremer (cf. p.293 de A. Boullón Agrelo, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
O termo
"malado" tamén se rexistra no
portugués con este significado, así como co de "maladia"
(=lugar de malados). Cf. aquí.
Por
outro lado, os termos "Malato",
"Malate", "Malata", aínda que similar fonética, están
relacionados, polo menos nalgúns casos, coa"malatía"
("lepra"). Así se recolle no
dicionario e tamén, para "Cruz do Malate" (Grañas do Sor).
Ademais
das dúas acepcións anteriores, hai unha terceira, con tanto peso como as
anteriores, que é a de teren unha orixe prerromana, da
raíz indoeuropea *mel 'aparecer, emerxer'. Esta é a
hipótese, por exemplo, de F.
Villar e B. Prósper (cf. p. 57 de F. Villar, "Vascos, celtas e indoeuropeos. Genes y lenguas"). Esta
hipótese é bastante consistente, se temos en conta que encaixa coa
morfoloxía requerida. En particular, revisando a toponimia galega, parece
confirmarse coa existencia de moitas das combinacións típicas que se dan
na hidronimia paleoeuropea, así temos os topónimos "Malante" (Illas
Sisargas), co recorrente sufixo -nt-, "Malaña" con -aña (< *-a-n-ya), "Maluro", "Mallón"(<*Mal-yo-one), etc.
Exemplos
de topónimo con -d- están "Maladas" en Riobarba (O Vicedo) e en Covas (Viveiro), "Malados" na
Barqueira, "couto de Malados" no concello de Cerdido.
Exemplos
con -t- figuran "Os
Malates" nas Negradas, en Foz ("Punta das Malates") e en
Aranga, e "Malate" nas Grañas do Sor e en Recemel (As Somozas); "As Malatas" existe tamén en moitos outros concellos galegos
(Portocelo, Sumoas, Muras, Morás, Ourol), así como "Malato" en "Fraga do Malato"
en Muras, "A cova do Malato" (Grañas do
Sor), "A Malata" en Xuances, na Capela, en Cedeira,
en Doniños e en Serantes (Ferrol), "O Cal da Malata" en Bares.
En
conclusión, talvez non sexa cuestión de elexirmos unha das tres interpretacións alternativas senón de elexir as
tres: talvez a realidade sexa unha mestura das tres orixes: parece innegable a
probabilidade da orixe prerromana, tanto morfolóxica como semánticamente
soportada, e tamén parece evidenciada a orixe en ' enferm(o/a) de malattia'
para outros casos. A de 'servos, colonos' está documentado como apelativo, e
parece haber algunha en topónimo, como ocorre no caso do documentado
"couto de Malados" no concello de Cerdido. Ese couto foi na Idade Media
propiedade de Gómez Pérez das Mariñas.
Un pequeño inciso, en Grañas do Sor o Malate es una finca en la que antaño había una cruz de piedra, ahora desaparecida, dicha finca se conocía con el nombre de "Cruz do Malate" y la cruz era conocida también como "Cruz del Leproso", lo que da otro significado a la palabra Malate, se asocia a un mal a una enfermedad.
ResponderEliminarMoitas grazas polo interesante comentario, xa o puxen como hipótese alternativa. Xavier Moure recolle a mesma acepción en Maladas (Riobarba). Con todo, o topónimo pudo ter existido previamente, antes de producirse unha asociación popular do topónimo con este significado novo, unha vez se perdeu o significado orixinario.
ResponderEliminar¿Me podes mandar o teu correo?, quero facerche unhas preguntas
ResponderEliminarHola, boa tarde. O Couto de Malados é o nome antigo que tiña a parroquia de San Antón da Barqueira, que é do concello de Cerdido e non do de Ortigueira.
ResponderEliminarOla, moitas grazas polos teus comentarios, tes toda a razón, xa fica correxido. Tomara as referencias dunha páxina con erro.
ResponderEliminarSaúdos e grazas de novo.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar
ResponderEliminarCreo que Malado no se debe asociar con Malato: Ya señala la -tt- que se daría expresivamente reforzada para la temible lepra. Tal vez 'malado' sea una solución un tanto inesperada de : moratum 'morado', instalado en la casa (morar, morada), o mejor de moratum 'acostumbrado', 'educado' (de mores: costumbres, con o breve) como 'criado' en ella. La o con asimilación a la a tónica y la equivalencia ocasional pop. l/r podrían facilitarse por la condición humilde, 'mala', que estos 'hijos de la casa' tenían.