(a seguir, copia revisada dunha sección dun artigo sobre a Toponimia de Cariño, publicado o ano pasado na revista "Terras do ORTEGAL", #2)
Na procura da orixe dos topónimos, non todo é o que parece. O caso de "Ortegal" podería ser un bon exemplo.
A etimoloxía de “Ortegal” é polo xeral derivada do latín urtica, co sufixo abundancial -ale, indicando ‘lugar onde abundan as ortigas’. Tería, por tanto, o mesmo significado que “Ortigueira”, de Urticaria, neste caso co sufixo abundancial -aria.

No entanto, podemos atopar outra
interpretación igualmente plausible, ou máis. En efecto, se
reparamos na existencia do veciño cabo “Ortabade”, cremos que tanto “Ortabade” como “Ortegal”
poden compartillar unha etimoloxía, a partir dun tema prerromano *ort-
ou
*urt-. Deste tema derivarían tamén outros topónimos como “Ortoño”
(Ames), cun sufixo -oño que, polo xeral, é ligado á toponimia de orixe
prerromana.
En efecto, este
tema *ort-
ou
*urt-
foi estudado por E. Bascuas, que o asociou coa hidronimia
paleoeuropea, como forma derivada da raíz indoeuropea *er-
‘moverse’, con alongamento en -t-.
Desta forma derivou topónimos como o río Orza < *Ortya,
afluente do Deza, así como a coruñesa praia do Orzán (BASCUAS,
2002, "Estudios
de hidronimia paleoeuropea gallega":109).
![]() |
Cabo Ortegal [fotografía de Pablo Teo] |
O
topónimo “Ortegal” podería interpretarse como composto do
comentado *ort-,
seguido
do recorrente tema prerromano *kal(l)-
‘rocha, rochedo’, da mesma orixe que xeralmente é atribuída a
“Portugal” ("Portu
Cale")
e a"Callaecia",
ou incluso certos topónimos “Galiñeiro” (ver "A Moura dos Gallos").
Así, podemos aventurar unha interpretación para “Ortegal” como “rochedo no que bate forte a auga”, aínda que outras interpretacións sexan igualmente probables, en liña coas existentes para o mencionado topónimo “Portugal”, e que precisaría de moitas páxinas para comentalo en profundidade.

Canto a “Ortabade”, podería hipotetizarse como composto a partir do
comentado *ort-,
seguido
da raíz indoeuropea *ap-
‘auga’
ou, alternativamente, da raíz tamén indoeuropea *aw-
‘fluír’. Ambas as dúas *ap-
e *aw-
abundan
na hidronimia paleoeuropea. Da mesma posible orixe, Bascuas derivou o
topónimo “Abedes” -afluente do Támega- como *Abĕtens,
con base na citada raíz *aw-.
Asemade, igual raíz postulou para “Abedela”, afluente do Limia
(BASCUAS, 2002:176-177).
Tendo
en conta o anterior, aventuramos interpretar “Ortabade” como
“lugar onde a auga bate”.
As dúas interpretacións indicadas, que esperamos non sexan "urticantes", obviamente, non deixan de ser unhas entre as
moitas posibles interpretacións. Deixamos para outra ocasión a relación co
xentilicio “Artabri”,
que autores como Bascuas derivan do coincidente tema paleoeuropeo
*art-,
orixinado na mesma raíz indoeuropea *er-
(BASCUAS, 2002:65-69).