venres, 26 de maio de 2017

Publicación de estudo sobre Toponimia de ORTIGUEIRA

Como parte do traballo de posta en valor da riqueza toponímica galega, e formando parte da serie sobre a Toponimia da Mariña e do Ortegal, foi un pracer estudar e finalmente publicarmos un estudo da Toponimia de Ortigueira.

Atópanse unha chea deles de grande interese, como poden ser:
- prerromanos como LUÍA e LUAMA,  da serie que inclúe tamén LUAÑA, LUACES, LUOU, LUEIRO, LUARCA, etc.
- nomes de posesor, como BELUZ e MUCRÍN
- xentilicios como BARBOS
- célticos como os famosos CÉLTIGOS e  CALLOBRE
- O interesante abundancial FECELLIDO
- COUZADOIRO e CABRADOIRO, sen relación etimolóxica.
- XEDRIZ, curmao do XERDIZ de Ourol.

Para máis detalle, ver >>> aquí.

1 comentario:

  1. Baleo.Non hai moito escoitábase vao,ponte do vao,eu mesmo o ouvín á miña familia,veciños etc.Polo que é probable veña de paso estreito ou mellor lugar para (vadear) un rio,como acontece neste caso.Un cordial saúdo e parabéns polo blog de outro apaixoado pola toponímia.

    ResponderEliminar